Os comerciantes de Culleredo celebran a súa IV Feira de Oportunidades en Vilaboa

O comercio de Culleredo únese para dinamizar a súa actividade. A asociación de Comercio de Culleredo, en colaboración coa Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego, organiza un mercado de oportunidades aberto para tódolos negocios do municipio, no que participarán uns 35.

A feira, que chega este ano á súa cuarta edición, terá lugar a vindeira fin de semana. Será os días 10 e 11 de marzo na Polideportiva Sofía Casanova de Vilaboa, en horario de 10:30 a 14:30 horas e 16.30 h. a 22.00 horas o sábado, e de 10:30 a 14:30 oras e 16:30 a 21:30 horas, o domingo.

O obxectivo desta Feira de oportunidades é dar a posibilidade a tódolos comerciantes do Concello que queiran saldar, liquidar ou ofertar poidan facelo neste mercado. Así, os comerciantes ofrecerán importantísimos descontos neste evento, podendo chegar ata unha porcentaxe dun 80%.

Entre os sectores representados haberá:

  • Comercios de roupa: infantil, muller, home
  • Librerías
  • Zapatos, bolsos
  • Fogar
  • Complementos
  • Mobles
  • Lencería
  • Floristerías
  • Estética

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina