Culleredo implantará zonas de “aparcamento exprés” para favorecer a actividade comercial

Coas miras postas en favorecer a rotación do estacionamento de vehículos nas zonas de maior demanda, o Concello de Culleredo impulsará o "aparcadoiro exprés" no núcleo do Burgo. Consistirá na reserva de varias prazas para un estacionamento limitado, un máximo de media hora que non requirirá o pago de tarifa.

Serán catro os puntos onde se instaure este "aparcadoiro exprés": a praza de Europa (a ambos os dous lados da AC-211), a avenida de Ribados (xunto a Sanjurjo de Carricarte e Hersa), a avenida de Galicia (entre a AC-211 e a Costa da Lonxa) e o Edificio de Servizos Múltiples (detrás da parada de bus).

En cada un destes puntos, serán 10 as prazas nas que se estableza o estacionamento limitado. Estarán debidamente sinalizadas mediante zona azul e un cartel identificativo que informe das características destes aparcadoiros.

Con esta medida, o Concello quere favorecer a actividade comercial e hostaleira do municipio. Por iso, implantaranse nos puntos estratéxicos onde existe un maior movemento de vehículos e que por tanto convén solicitar un equilibrio no uso dos aparcadoiros para que os cidadáns poidan realizar desde compras até xestións bancarias.

A concelleira de Seguridade, Alicia Ferreiro, sinala que o se pretende especialmente e evitar excesos de condutores que deixan os seus vehículos durante moitas horas nestes puntos. Para iso, sinala existen no Burgo moitos aparcadoiros. "Non podemos ter ocupados vos puntos de maior actividade comercial cos mesmos coches cando existen alternativas", razoa.

En todas as zonas onde se instaurará existen numerosas rúas lindeiras e espazos de aparcadoiro para poder deixar un vehículo máis tempo. Por exemplo, na contorna do Edificio de Servizos Múltiples, existen numerosas prazas na rúa Ferrocarril, en Moncho Reboiras ou en Acea de Ama para aparcar o coche sen problema. Co aparcadoiro exprés favorecerase aos veciños que queren realizar xestións na dependencia municipal.

O mesmo ocorre nas outras zonas: a avenida de Galicia e a praza de Europa constitúen dúas dos principais puntos comerciais do Burgo. E coa implantación de Ribados propiciarase o aparcadoiro para as rúas peonís Sanjurjo de Carricarte e Hersa, que albergan numerosos negocios.

O uso destas novas zonas de aparcadoiro estará controlado pola Policía Local. As patrullas a pé que estarán permanentemente nas zonas urbanas serán as encargadas.
 
Edificio Usos Múltiples

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina