Os pequenos de Culleredo celebran o Día Mundial da Árbore

nenos

 
Cheos de ilusión e con moita expectación chegaron os 80 pequenos e pequenas das escolas rurais de Culleredo ao Pazo de Vila Melania, en Vilaboa. Dirixíanse a conmemorar o Día Mundial da Árbore realizando unha plantación de árbores no recinto exterior da dependencia municipal.

Pero os pequenos sabían que a súa responsabilidade non se limitaba a ter que botar terra nos novos castiñeiros. Tiñan que elixir un nome para cada un deles, e a decisión non foi sempre sinxela. Finalmente, o bautismo terminou cos seguintes alcumes:
  • Sorriso pequeno
  • Papelote
  • Rani
  • Raio
  • Teo
  • Paco
  • Aurora
  • Nara
  • David
 
A actividade foi organizada polo Concello de Culleredo, xunto co CRA de Culleredo (Colexio Rural Agrupado), onde estudan os 80 alumnos de Educación Infantil participantes. Tras a plantación, e tras visitar os hortos urbanos que florecen en Vila Melania, os nenos desfrutaron dunha actividade cun contacontos sobre as árbores e dunha merindiña.

Ata Vila Melania achegouse a concelleira de Educación de Culleredo, Carmen Varela, que non dubidou en botar mans á pala para axudar aos pequenos a plantar os castiñeiros. Varela considera “fundamental” que desde o Concello se lle preste a debida importancia a unha celebración coma esta para “impulsar bos hábitos medioambientais aos máis pequenos”.

“Queremos sensibilizar sobre a importancia das árbores no noso medio, os beneficios que nos producen e a necesidade de respectalas e coidalas” apunta. A concelleira reclama que nas políticas de sostibilidade que levan a cabo as administracións se teña moi en conta a educación como base de crear “unha verdadeira cultura ecolóxica”.

A actividade enmárcase na “Campaña Internacional de Mil Millóns de Árbores”, promovida polas Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). Esta campaña promove a plantación de árbores  autóctonos e que se adecuen as condicións medioambientais locais. O Concello recibiu felicitacións pola participación por parte do equipo que a promove. Rajinder Sian, dende Nairobi-Kenia, animou ao goberno local a participar un ano máis.

 Realizáronse plantacións tamén hoxe pola mañá nos centros de Educación Infantil e Primaria de Tarrío, Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo, Ría do Burgo e A Ponte Pasaxe.
 
prantación

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina