A concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo venres 30 de marzo de 2012, ás 20.30 h, na Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago” dos Muíños de Acea de Ama, o acto de inauguración da exposición fotográfica GALICIA EN FOCO. 22ª edición, e presentación do nº 26 da revista FerrolAnálisis, promovidas polo Club de Prensa de Ferrol.
No transcurso do acto tomarán a palabra Xan Morales, do Club de Prensa de Ferrol, Xoán Rubia, do Club de Prensa de Ferrol e Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Cultura do Concello de Culleredo.
A exposición permanecerá aberta ao público do 30 de marzo ao 23 de abril de 2012, no seguinte horario:
- Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
- Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.
A exposición, dividida en dous apartados (fotoxornalismo e fotorreportaxe) recolle fotografías publicadas en diversos medios xornalísticos dende finais de 2010 e o ano 2011, así como algunas inéditas.