Culleredo aproba un plan de axuste cun incremento de 2,2 millóns de ingresos e unha reducción de 1,7 millóns de gastos

O Concello de Culleredo aposta por realizar un axuste económico que reduza notablemente os gastos e incremente os ingresos sen levar descenso no número de persoal municipal nin nos seus salarios basee. O plan de axuste, derivado do Real Decreto 4/2012, foi aprobado polo pleno o pasado venres cun descenso nos gastos de 1,7 millóns de euros e un aumento de ingresos de 2,2 millóns de euros para este exercicio.

Aplicando un axuste nestas dúas vías, o Concello alcanza un axuste de 3,9 millóns de euros. Este plan servirá para non incorrer en déficit os próximos anos, garantindo o pago en prazo aos provedores, e obter superávit para investimentos.

No apartado dos ingresos son dous os conceptos principais que aumentan. A subida do IBI decretada polo Goberno central suporá 400.912,77 euros máis, cada ano, para as arcas municipais. Así mesmo, a concesión do servizo de saneamento, recentemente realizada, leva un ingreso de 1,8 millóns de euros, pendente de aplicación.

Ademais, o Concello mellorará a recadación en conceptos como a taxa das empresas subministradoras de servizos, delegada na Deputación da Coruña, ou nas sancións, en virtude dunha mellora na súa tramitación.

O apartado de gastos caracterízase por non contemplar nin reducións no persoal de traballadores nin nos salarios base. O descenso na partida de personal será de case 350.000 euros.

En canto aos servizos prestados polo Concello, lograrase un descenso do gasto de 250.000 euros correspondentes a contratos externalizados que considerando o seu obxecto poden ser prestados polo persoal municipal actual. Será o caso da consellería de instalacións municipais, as actividades da terceira idade ou o servizo de asesoramento e xestión laboral, este xa asumido polos traballadores do servizo de persoal e organización desde o pasado 1 de xaneiro, mediante a modificación da RPT pactada cos sindicatos.

Os contratos de servizos serán reducidos entre un 20 e un 30%:
-    O aluguer de bicicletas pasará a ofrecerse nos meses de maio a outubro vista a demanda escasa rexistrada no outono e inverno. Aforro anual: 18.000 euros
-    Axuste do contrato de limpeza. Aforro anual: 180.000 euros
-    A subministración de enerxía eléctrica licitarase no mercado libre. Aforro anual estimado: 160.000 euros
-    Modificarase o mantemento de parques e xardíns, reducindo o seu prezo nun 30%. Aforro anual: 404.390 euros.
-    Redución dun 20% no contrato de limpeza viaria. Aforro anual: 149.280 euros.
-    Novo contrato de mantemento da iluminación pública, cunha redución dun 40%. Aforro anual: 164.180 euros.

Así mesmo, as adxudicacións efectuaranse ás ofertas máis baixas e recolocaranse os servizos nas instalacións municipais para promover o aforro. Tamén se reducirán gastos nos servizos non obrigatorios como o Conservatorio ou a radio municipal.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, apunta que se confeccionou un plan de axuste "moi elaborado e que promove o aforro en todas as áreas municipais". O rexedor destaca que o Concello optou por non considerar a vía de prescindir de persoal para lograr a redución de gastos.

"Queremos ser sensibles coa situación laboral do país polo que a nosa prioridade foi sempre a de evitar despedimentos", afirma. Sacristán anuncia que o Concello executará un "control exhaustivo" do gasto corrente "mes a mes" para garantir o aforro.

Ademais, o alcalde espera que nun futuro se aprobe unha lei de administración local que inclúa unha redución ou eliminación de competencias impropias que asumen os Concellos. É o caso, en Culleredo, do mantemento de colexios ou escolas infantís, o que suporía unha importante inxección económica para o Concello.

RESUME

REDUCCIÓN DE GASTOS
Persoal: 346.662,65 euros
Contratos externalizados que poden ser prestados polo persoal municipal: 250.402,29 euros
Reducción na prestación de servicios non obrigatorios: 198.000 euros
Reducción de contratos de servicios: 914.822,78 euros

TOTAL: 1.709.887,71 euros

INCREMENTO DE INGRESOS
IBI: 400.912,77 euros
Contrato de saneamento: 1.800.000 euros

TOTAL INGRESOS: 2.200.912,77 euros

TOTAL GASTOS + INGRESOS: 3.910.800,48 euros

 

 

imaxe do pleno

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina