Culleredo celebra o seu primeiro pleno xuvenil

 

pleno

 

O Concello de Culleredo celebrou o seu primeiro pleno municipal xuvenil. Máis de 100 alumnos de 4º de ESO do instituto Blanco Amor acudiron á casa consistorial para debater diversos asuntos do seu interese, nunha sesión presidida polo alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación Carmen Varela.

Cada unha das catro clases do curso contou con concelleiros representantes, que foron os encargados de tomar asento no estrado e elevar as propostas que previamente elaboraron. Ao final, produciuse unha votación e os comentarios do alcalde.

Catro foros os temas que centraron o debate:

  1. Os dereitos dos usuarios de internet. Os rapaces suxeriron realizar manifestacións e campañas en prol da liberdade na rede.
  2. A crise económica. Entre as medidas que elevaron atopábase a legalizacion dos inmigrantes ou o equiparamento dos salarios dos políticos.
  3. A igualdade entre hombres e mulleres. Os novos concelleiros apostaron pola creación dunha Casa da Muller.
  4. O deporte como forma de ocio. Propuxeron a promoción de deportes non ten introducidos coma o fútbol.

Esta última foi a proposta que maior aceptación tivo entre os representantes das clases.

Logo chegou a quenda de rogos e preguntas. Unha das rapaces expuxo ao alcalde a necesidade de que incrementar a velocidade de conexión a internet no instituto mentras que outra preguntou por que as beirarrúas non están completadas no acceso pola porta pequena. O rexedor explicoulle que iso depende do desenvolvemento da unidade de actuación urbanística por parte dunha iniciativa privada.

Finalmente, outro dos representantes suxeriu a instalación de aire acondicionado nas clases ante a chegada do verán. Sacristán sinalou que o Concello non pode tomar esa decisión, que hai que trasladala á Xunta de Galicia.

O público tamén se quixo sumar ao pleno. Aínda que regulamentariamente nun pleno municipal, para que interveña o público, ten que solicitalo con antelación, a alcaldesa permitiu esta excepción.

A pregunta encamiñouse ao Conservatorio. O rapaz cuestionou se se vai crear unha escola de música. Sacristán explicou que o Concello busca fórmulas para lograr a máxima rentabilidade dun servizo que non é obrigatorio. Neste senso, coa creación en paralelo dunha escola de música, á que accederían alumnos que non podían entrar no Conservatorio pola esixencia que iso suporía, poderíase aumentar os ingresos.

O que ten claro o alcalde é que sendo un servizo que el impolsou, "serei o último en baixarme do barco".

Coa celebración deste pleno o Concello quixo conmemorar o bicentenario da Constitución de Cádiz. O alcalde levantou a sesión animando aos alumnos a promover un maior debate con argumentación das súas posturas para vindeiras ocasións.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina