Culleredo investirá 410.000 euros de fondos propios na axuda a persoas con dependencia

O Concello de Culleredo non abandonará a súa defensa polos veciños que máis o necesitan a pesar da complicada situación económica actual e a pesar das trabas que se atopa por parte da administración autonómica, a quen lle debía corresponder o financiamento destes programas.

Neste ano 2012, o Concello de Culleredo investirá máis de 410.000 euros na axuda a persoas con dependencia a través do servizo de axuda no fogar. Este servizo pode adxudicarse en dúas modalidades: básica ou por dependencia.

No primeiro caso, son os servizos municipais quen valoran a idoneidade dos usuarios. Para o ano 2012 o Concello ten previsto realizar 26.118 horas de servizo, nos que auxiliares desempeñan nos domicilios tarefas de hixiene persoal, doméstica e acompañamentos.

O custe total deste servizo é de 434.023,25 euros dos que o Concello ten previsto aportar 332.841,14 euros, sempre e cando a Xunta materialice a súa achega tal e como indica o novo decreto 99/2012. Segundo este texto, a Culleredo corresponderíalle 52.800 euros en lugar dos 30.640 euros que recibiu no 2011. Finalmente, os usuarios achegan co pago dos prezos públicos 48.382,11 euros.

No segundo caso, a axuda a domicilio pola vía da dependencia ven adxudicada pola Xunta nas distintas resolucións do Programa Individual de Atención (PIA). A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, explica que na actualidade a Xunta ten bloqueadas as altas en Culleredo.

 A concelleira de Benestar Social sinala que neste momento, os servizos sociais municipais están a facer 1.333 horas cada mes e aínda que existen novas solicitudes a Xunta non permite dar novas altas. “Nin sequera podemos cubrir as baixas”, denuncia Jabares, que sinala que a Xunta pretende que Culleredo baixe a unha atención de 898 horas mensuais “das que non se poderá pasar, con independencia das necesidades dos novos solicitantes”.

Así, neste apartado tense previsto destinar 252.341,88 euros para asumir 15.996 horas de servizo. O Concello estima que a achega da Xunta será de 155.161,20 euros e a achega dos usuarios e usuarias por medio dos prezos públicos de 18.556,27 euros, polo que o Concello dedicará a este servizo 78.624,41€ de fondos propios.

A primeira tenente de alcalde lamenta a “continua política de recortes sociais que está levando a cabo a Xunta por moito que se empeñe en esconder”. “É vergoñento, non se pode dicir doutra forma, que unha administración pública trate de sacar cartos de aqueles que máis o necesitan”, afirma.

Mentres, Jabares destaca que o goberno municipal de Culleredo “é totalmente sensible” a estas situacións e o plan de axuste elaborado non contempla “nin unha sola redución nos servizos sociais”. “Mentres que o goberno do PP dedícase a rescatar as entidades financeiras causantes da crise, o Concello esfórzase en destinar os rescates aos veciños”, asevera.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina