Convocatoria extraordinaria do programa "Benestar en Balnearios"

O Concello de Culleredo informa de que a Secretaría Xeral de Política Social ven de publicar unha segunda convocatoria do programa "Benestar en Balnearios" para desfrutar no presente ano 2012.

Prodúcese a apertura dun prazo extraordinario de 5 días hábiles para a presentación de solicitudes, desde o día 20 ata o día 27 de xullo ( ambos incluídos).

Nela, elimínase o tope máximo de ingresos como requisito para poder acceder ao programa que figuraba na pasada  convocatoria ordinaria .

As solicitudes xa presentadas no prazo ordinario e que foron denegadas por non cumprir este requisito teranse en conta sen necesidade de que os solicitantes as formulen de  novo.

Ademais, modifícanse as datas que se ofertan nos balnearios de Acuña e Arnoia segundo se relaciona a continuación:

  • Balneario de Acuña: do día 1 ao 10 de outubro
  • Balneario de Arnoia Caldaria: do día 11 ao 20 setembro

 
Información e presentación de solicitudes :

En Culleredo: no Centro Municipal de Servizos Sociais (rúa Costa da Lonxa nº7-Baixo) no seguinte horario  :

Luns a venres:10:00 a 13:00 hs

Tamén é posible informarse no teléfono: 981 654 570 e concertar outra hora que lle conveña mais.
 
Na Coruña: Directamente nas Oficiñas da Conselleria de Benestar  da Xunta de Galicia.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina