A Policía Local asumirá en 2013 a vixilancia nos tramos urbanos das vías autonómicas e provinciais

A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil de Tráfico establecen un protocolo de colaboración para optimizar a súa actuación no municipio. Ambos corpos de seguridade asinaron un acordo polo que se traspasa a atención nos tramos urbanos das principais estradas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña á Policía Local. Este protocolo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013.

A relación de vías deste tipo nas que actuarán os axentes locais serán:
  • AC-211, entre os puntos quilométricos 0,700 e 3,500: avenida de Fonteculler, avenida de Acea de Ama e avenida da Coruña.
  • AC-213, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,450: avenida de Galicia
  • DP-3103, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,110: rúa Alexandre Bóveda
  • DP-3105, entre os puntos quilométricos 0,220 e 0,400: rúa da Autonomía
  • DP-3106, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,350: rúa Ramón Cabanillas
  • DP-3107, entre os puntos quilométricos 0,000 e 1,050: avenida de Rutis

A Policía Municipal exercerá nestes tramos as labores de regulación e vixilancia do tráfico, o establecemento de controles preventivos de alcoholemia e velocidade e a instrución de atestados por accidentes de circulación.

O Concello de Culleredo apostou por este protocolo, aínda que pola lexislación no está obrigado a asumir estas actuacións en vías que non son da súa propiedade, debido ao carácter eminentemente urbano destes treitos de estradas. Co traballo da Policía Local, apunta o equipo de goberno, proporcionarase unha atención “máis cercana ao cidadán”.

O goberno municipal que preside Julio Sacristán considera que os axentes deben ter presenza continua nos núcleos urbanos para incrementar a seguridade e atención, en base a fortalecer a relación co cidadán. Por iso, a Policía Local incrementou o persoal con cinco novos axentes, incorporados en xullo despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade, cos que se reforzará a vixilancia nas zonas urbanas do municipio cunha policía de proximidade.

Con esta incorporación, o persoal da Policía Local aumentou de forma importante os seus efectivos, pasando dos 24 actuais aos 29. Así, o Concello creará unha patrulla a pé que estará presente mañá e tarde nos núcleos urbanos do municipio.

O alcalde apunta á coordinación coa Garda Civil como camiño fundamental para proporcionar o servizo de seguridade que necesitan os veciños de todas as parroquias do municipio.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina