Entre os días 6 e 17 de setembro, o Concello de Culleredo expoñerá na Aula da Natureza do Xardín Botánico a exposición sobre as Reservas de Biosfera e a Candidatura a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” que que ten sido presentada ante a UNESCO a primeiros do pasado mes de xullo. Esta exposición poderá ser visitada por todos os veciños e persoas que se acheguen ao municipio de Culleredo.
O Concello de Culleredo está a promover a candidatura a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, xunto con outros 17 concellos (Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado) que conforman a Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña.
Este recoñecemento pola UNESCO vai a supoñer o recoñecemento a nivel mundial deste municipio, así como facilitar a conservación dos valores ambientais do concello. As rías atlánticas son ecosistemas únicos no mundo, e esta candidatura sería a primeira que procura a conservación e posta en valor das mesmas. Así mesmo a zona do Monte Xalo relanzaría a súa imaxe natural.
As Reservas de Biosfera son territorios preocupados por innovar e amosar que é posible compaxinar conservación ambiental e desenvolvemento sostible. As Reservas de Biosfera son recoñecidas pola UNESCO, a nivel mundial, no marco do Programa MaB (Man and Biosphere), o que supón situar a un territorio nunha escala mundial.
As Reserva de Biosfera resaltan os elementos naturais existentes e, con idéntico nivel de prioridade, o desenvolvemento socioeconómico sostible.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A CANDIDATURA:
www.biosferamarinasmandeo.com
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER