O Concello actualiza varias ordenanzas, pero non sube a recaudación

O Concello de Culleredo aprobou a modificación de varias ordenanzas fiscais, de cara ao exercicio 2013, para melloralas e adaptalas ás necesidades do municipio. Esta variación non comportará ningún incremento nos ingresos por parte do Concello. As restantes ordenanzas non cambiarán con respecto ao presente ano.

As ordenanzas que se cambian son as seguintes:

Ordenanza nº6, de expedición de documentos

Descenden as taxas de varios epígrafes. Entre elas atópase o prezo polo cotexo de documentos, que baixa un 50% con respecto a 2012.

O goberno local engade un novo parágrafo para recoller que os cidadáns que se atopen en risco de exclusión, segundo o informe da traballadora social, non pagarán polos documentos necesarios para a tramitación de:
  • Subsidio de desemprego
  • Solicitude de axuda familiar
  • Pensión non contributiva
  • Solicitude de residencia pública
  • Solicitude de centro de día
  • Solicitude de axuda aos servizos sociais municipais

Ordenanza nº 14. Taxa por distribución de auga.

Para os usos domésticos, modifícase a contía do primeiro tramo (entre 0 e 30 metros cúbicos de consumo), que en 2012 pagaba 0,20 euros por metro cúbico e en 2013 pasará a pagar 0,25 euros. Esta continúa sendo unha tarifa de carácter social, dado que Emalcsa cobra 0,28 euros por metro cúbico, máis o custo de Gestagua.
 
No tramo de 30 a 55 metros cúbicos de consumo descende a taxa de 0,70 a 0,66 euros por metro cúbico. Con esta medida, o equipo de goberno pretende favorecer ás familias numerosas.

Para os usos non domésticos, os consumos de 0 a 30 metros cúbicos pasan de 0,30 a 0,35 metros cúbicos; os consumos de 30 a 100 metros cúbicos, baixarase de 0,90 a 0,88 metros cúbicos; e os consumos de máis de 100 metros cúbicos manterase o prezo de 1,20 euros por metro cúbico.

 
Ordenanza fiscal nº 16, de licenzas urbanísticas ou realización de actividades administrativas de control de actividades

Introdúcense tres epígrafes máis, xa que tal e como estaba redactada xeraba problema á hora de liquidar a taxa. Epígrafes novos:
  • Obras menores necesitadas de proxecto técnico cuxa execución material non supere os 6.010 euros: 210 euros
  • Obras menores necesitadas de proxecto técnico cuxa execución material non supere os 12.020 euros: 300 euros
  • Obras menores necesitadas de proxecto técnico cuxa execución material non supere os 18.030 euros: 400 euros

Ordenanza nº 20, que regula a taxa por utilización privativa ou aproveitamentos especiais do dominio público local

Modifícase simplemente o feito impoñible, para que as comisións de festas patronais, ou os actos de promoción do Concello, non estean suxeitos a taxas pola utilización do dominio público.
 
 
Ordenanza nº 21, que regula a taxa por ocupación de uso público por mesas, cadeiras e elementos auxiliares.

As terrazas rexeranse, en canto ao horario de peche, polo marcado na ordenanza específica de terrazas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina