Coa idea de promocionar o hábito da lectura entre os máis pequenos do municipio, o Concello de Culleredo creou unha mascota para as súas Bibliotecas. A Dragona Ramona, un personaxe que pretende chamar a atención dos nenos para animarlles a abrir libros e gozar da literatura, leva case un ano traballando no municipio.
Desde entón, a afluencia dos pequenos cullerdenses á Biblioteca do Burgo multiplicouse. As sesións de contacontos contan sempre con numeroso público infantil, ao que contribuíu a animosidade da Dragona Ramona.
Pero o goberno local cullerdense tiña claro que o papel da mascota non debía cinguirse ás actividades culturais nas dependencias municipais. O Concello aposta pola coordinación cos centros de ensino radicados no termo municipal, ao entender que a animación á lectura debe ser un elemento presente nas aulas.
Así, a Dragona Ramona desenvolverá este mes de novembro a súa primeira xira polos colexios cullerdenses. O seu programa será o seguinte:
Serán en total 910 os escolares, que cursan Educación Infantil, que reciban a visita da Dragona Ramona. Na súa xira, a mascota interpretará un contacontos, "O Papón", de Pablo Albo, a partir dun conto popular español. As ilustracións son de Maurizio A. C. Quarello.
O programa está organizado pola Concellaría de Educación que dirixe Carmen Varela. O departamento municipal sabe da importancia de traballar con estes segmentos de idade para promover a adquisición de hábitos de lectura. "Son unhas idades crave para facer que a lectura sexa unha afección cotiá", expón Varela.
A Dragona Ramona permitiu crear unha icona identificativa para os pequenos. "Desde o Concello entendemos que a acción de fomento dos libros debe abarcar tanto as bibliotecas como os colexios", sinala a concelleira.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
dragona_coles.pdf | 113.82 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER