O Concello levará a pleno en novembro uns orzamentos de 22,5 millóns de euros

O Concello de Culleredo elevará ao pleno da corporación, que terá lugar o próximo 29 de novembro, a aprobación do Orzamento Municipal para o ano 2013. A redacción e elaboración do documento económico atópase nunha fase moi avanzada, tras o traballo realizado nas últimas semanas por todos os departamentos.

O Concello prevé igualar ingresos e gastos no orzamento, por tanto tratarase dun orzamento equilibrado. Os ingresos e gastos roldarán os 22,5 millóns de euros, 1,3 millóns por baixo da contía aprobada o ano pasado. Neste descenso incide a decisión do goberno local de non incrementar as taxas.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que na elaboración do Orzamento están a primar os "criterios de austeridade", sen deixar de contemplar os servizos obrigatorios municipais e cumprindo co Plan de Axuste aprobado polo Concello e remitido ao Ministerio.
 
Sacristán anuncia que o documento inclúe as partidas para duplicar as cantidades dedicadas ás familias con necesidades e en risco de exclusión social. Así mesmo, contempla a subida do IVE nos servizos concesionados e investimentos municipais, e máis de 730.000 euros para axuda a domicilio.
 
O documento contempla a posibilidade de recadar uns 450.000 euros pola nova taxa, pendente de aprobar  cos Concellos, que utilizan a EDAR de Bens. Sería a taxa por depuración, que se estima que se moverá entre 0,25 e 0,28 euros por m3 tratado.
 
Os orzamentos son o reflexo da consolidación da maioría dos ingresos propios, a pesar da crise, cunha redución significativa de transferencias correntes doutras entidades (Xunta e Deputación fundamentalmente) e a contención do gasto aplicado durante parte do 2011 e todo o 2012.
 
Non se contempla a petición de ningún préstamo para financiar nin servizos nin investimentos e acometeranse con orzamento propio.
 
No apartado de obras, o alcalde apunta que se consignarán partidas para mellorar os parques públicos, a ampliación do servizo de saneamento e abastecemento de auga por importe de 300.000 euros, a pavimentación de estradas con 600.000 euros, e a mellores de beirarrúas con máis de 100.000 euros.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina