A Concellaría de Educación de Culleredo, dirixida por Carmen Varela, pon en marcha unha nova edición da actividade de prevención de accidentes na rúa para o alumnado de Educación infantil de 5 anos. Trátase dos "Contacontos... con seguridade".
Participarán na mesma 288 alumnos e alumnas dos colexios: CRA Culleredo, CEIP Plurilingüe Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Díaz Pardo e CPR A Ponte Pasaxe.
A actividade realizarase os días 20 e 21 de novembro no CRA de Culleredo, o día 23 no CEIP Sofía Casanova, o 26 no CEIP Díaz Pardo e no CPR A Ponte Pasaxe, e o 27 no CEIP Plurilingüe de Tarrío.
Será desenvolvida pola pedagoga do Servizo municipal de educación co apoio de material didáctico editado pola DXT, e ten como obxectivo concienciar ao alumnado acerca da necesidade de cumprir as normas como peóns, ou viaxeiros para evitar accidente.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
cartel_contacontos_con_seguridade.pdf | 117.67 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER