Dentro do seu interese no apoio e colaboración coas persoas dependentes, o Concello de Culleredo levou a cabo o venres 30 un obradoiro de técnicas para dependentes e para os seus familiares. Este obradoiro enmarcouse dentro do convenio de colaboración que o Concello ten coa Asociación contra as enfermidades neuromusculares (Asem).
A xornada tivo lugar en Vilaboa, no Pazo de Villa Melania. Contou coa asistencia de medio centenar de persoas interesadas na materia.
O obxectivo da colaboración entre Culleredo e Asem reside en potenciar e fortalecer as habilidades persoais e sociais dos usuarios. Ambas institucións pretenden ofrecer así servizos de apoio á autonomía persoal e social.
A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, foi a encargada de inaugurar a xornada. “Neste tempo de crise, as administracións debemos apostar por reforzar a atención social”, afirmou convencida.
Jabares salientou que, ademais do gastos social, un Concello debe promover accións de apoio en áreas tan vitais para veciños coma a atención a dependencia. Agradeceu a importante labor de Asem e animou aos presentes a recorrer aos servizos da asociación ou do Concello ante calquera necesidade que teñan.
O programa que se desenvolveu foi o seguinte:
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER