Dende o programa de Cooperación da Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Culleredo, estase a levar outro ano mais a campaña de recollida de xoguetes. Comezou o luns 26 de novembro co reparto, nos diferentes centros escolares do concello, en Cáritas e nos centros municipais, das caixas de recollida de xoguetes así coma dos carteis publicitarios da mesma.
A campaña consiste na recollida, selección, empaquetado e reparto dos xoguetes ás familias beneficiarias dos mesmos, familias do concello con poucos recursos económicos. Rematará o 21 de decembro, co obxeto de que cada familia poida elexir cando darlle os xoguetes aos seus fillos/as, ben en Noiteboa ou ben o dia de Reis.
O Concello pretende con esta campaña por unha banda crear unha conciencia solidaria entre a poboación cullerdense, e pola outra, contribuir dun xeito eficaz á igualdade de bens materiais entre os nenos e nenas do concello ao garantir que todas as familias con poucos recursos económicos, poidan ser perceptoras de agasallos para o nadal.
Polo tanto, dende a Concellaría de Promoción Económica, Formación e Emprego convídase a todos os veciños e veciñas a que participen de xeito activo na doazón de xoguetes limpos e en bo estado, ao tempo que si algunha familia precisa xoguetes, só ten que pedir unha cita nos Servizos Sociais municipais.
Outro xeito de colaborar nesta campaña é como voluntario/a na selección e empaquetado de xoguetes. Os interesados poden contactar coa Concellería.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER