O Concello de Culleredo celebrou o seu pleno infantil, que alcanza a súa XIII edición de conmemoración do Día da Constitución. Un total de 188 rapaces de 6º de Primaria dos colexios Ría do Burgo, Sofía Casanova, Tarrío e Sofía Casanova desprazáronse ata o salón de plenos da Casa do Concello para celebrar a sesión, presidida polo alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela.
Os representantes de cada clase de cada colexio conformaron a corporación infantil, sentándose nos lugares que habitualmente ocupan os grupos políticos. A alcaldesa infantil, Salma Santiso, dirixiu a sesión asesorada por Sacristán e Varela.
Nesta ocasión, o Concello enfocou o pleno infantil cara o principal problema actual: a crise. Os nenos foron explicando diferentes propostas para mellorar ou paliar a situación económica, que posteriormente foron votadas polos concelleiros e analizadas por Sacristán.
As propostas para afrontar a crise foron: (de maior a menor aceptación)
1º.- Coa aportación dos hortos do concello e da granxa solidaria, elaborar, envasar e vender produtos naturais artesanais contando coa axuda do voluntariado.( colexio Ría do Burgo). 21 votos
2º.- Creación, en terreos municipais, dunha granxa solidaria para que a xente parada poida cultivar algúns productos e criar animais pequenos para o seu consumo.( colexio A Ponte Pasaxe). 19 votos
3º.- Poñer en marcha unha cociña económica municipal.( colexio A Ponte Pasaxe) 16 votos.
4º.- Elaboración de compost cos restos orgánicos dos comedores escolares para utilizalo no cultivo de legumes e vexetais que se distribuirán no banco de alimentos para as familias máis necesitadas.(colexio Sofía Casanova).15 votos.
5º.- Organizar desde o concello campañas de concienciación para manter limpos os espazos naturais e que se faga un esforzo na conservación e reparación dos espazos públicos ao aire libre a tempo, xa que se aforrarían cartos.(colexio Sofía Casanova).15 votos.
6º.- Posta en marcha dunha tenda de segunda man con libros de texto, de lectura e material escolar para o alumnado de Culleredo.( colexio Ría do Burgo). 15 votos.
7º.- Ofertar actividades lúdicas gratuitas en familia, dirixidas e organizadas por veciños voluntarios.(colexio Sofía Casanova).10 votos.
8º.- Realizar unha feira solidaria quincenal de alimentación e roupa.( colexio de Tarrío). 9 votos.
9º.- Posta en marcha dun servizo de intercambio de libros e xoguetes a través da biblioteca municipal.(colexio Sofía Casanova).6 votos
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER