Culleredo estrea as Rutas Barítimas para promover o “tapeo” nos bares do municipio

O Concello de Culleredo está a levar a cabo un plan de dinamización empresarial, que abarca tanto a hostalería como ao sector comercial. As festas de Nadal supoñen unha oportunidade para fomentar o consumo en Culleredo, demostrando as excelencias de hostaleiros e comerciantes.

Nesta campaña de Nadal que organiza o Concello, a dinamización hostaleira ocupa un lugar primordial. Así, este ano nacen as chamadas Rutas Barítimas. Considérase que o tapeo é unha das melloras formas de coñecer Culleredo, probando as súas especialidades, descubrindo as rúas cos seus bares e a súa gastronomía.

Nestas rutas, os cidadáns poderán gozar desta tradición das tapas a uns prezos moi competitivos. Os locais hostaleiros asociados á Ruta Barítima terán un distintivo que os identifique e neles a xente poderase atopar con diferentes ofertas, degustacións,  e incluso a participación en diferentes sorteos.

Crearanse 3 Rutas Barítimas: Rutis, O Burgo e a zona rural do Concello. Nesta campaña de Nadal comezarán a funcionar as dúas primeiras. Por 1,90 euros obterase unha tapa máis un viño o unha caña.
    
As Rutas Barítimas comezan o xoves 20 en Rutis. O 28 chegaralle a quenda ao Burgo. Con cada consumición darase un tícket para participar no sorteo dunha tablet.

Nesta primeira ruta de Rutis, que abrangue os núcleos de Vilaboa, A Corveira, O Portádego ou Fonteculler, os participantes disporán de 15 bares co distintivo.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, anima a probar as ofertas dos diferentes establecementos para comprobar a “calidade” das cartas dos bares do municipio. O rexedor resalta o esforzo do Concello por levar a cabo iniciativas que animan a mercar e comer en Culleredo.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina