Durante os meses de novembro e decembro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria do Instituto Educardo Blanco Amor de Culleredo, e o alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Ría do Burgo e 5º do Colexio A Ponte Pasaxe participaron nos obradoiros que a Concellaría de Igualdade organizou co propósito de promover valores igualitarios, de sensibilizar sobre a necesidade de correxir comportamentos e actitudes discriminatorias, sexistas e estereotipadas ainda existentes na actualidade.
Desta maneira 500 rapaces e rapazas de entre os 10 e os 15 anos, dentro do horario lectivo do centro, debateron e analizaron a través de imaxes reproducidas nos diferentes medios de comunicación: cine, publicidade, música, ou literatura as mensaxes sexistas e os factores culturais de maior influencia na infancia e na adolescencia.
Así logo, o conxunto de escolares foron expresando as súas opinións logo de visionar curtas, imaxes televisivas, lectura de textos, onde se reflectían estereotipos e roles sexistas. Incluso a radio local, Radio Culleredo, se achegou ata unha aula, para realizar un programa en directo de debate sobre este tema, con entusiasmo por parte dos rapaces e rapazas.
“Preténdemos que a poboación mais nova adquira unha conciencia crítica e aprenda a reflexionar para poder visibilizar as distintas formas de violencia de xénero, as súas causas e consecuencias”, afirma a concelleira de Igualdade, a nacionalista Rocío Sampedro. “Hai que entendida non só como un problema persoal ou familiar senón como un dos problemas mais graves da nosa sociedade”, engade.
Ademais de fomentar a prioridade de rachar con estereotipos sexistas para acadar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, incidiuse tamén na importancia de establecer relacións dende un primeiro momento baseadas na igualdade, no respeto mútuo e na independencia, de maneira que se sinta rexeitamento ante calquera signo de violencia: verbal, sexual, física..e que se aprenda a recoñecer este xeito de maltrato.
Esta actividade foi impartida por persoal técnico municipal contando coa colaboración do equipo docente dos centros de ensino, quen entende esta actividade como transversal e valora a importancia de que a pobaoción escolar, futura poboación adulta, tome conciencia dunha maneira activa para atopar as posibles solucións para acadar unha sociedade igualitaria.
No seguinte trimestre continuarán desenvolvéndose as sesións de prevención de violencia de xénero dirixidos ao alumnado de Bacharelato, de PCPI e de ESA, no IES Universidade Laboral, para así completar as accións de sensibilización que se propuxeron dentro do programa de prevención de violencia de xénero do Concello.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER