A Concellaría de Educación de Culleredo, dentro do programa de "Educación para a participación cidadá", e en colaboración coa Concellaría de Seguridade Cidadá, iniciou un programa de visitas á sede da Policía Local de Culleredo (situada en Vila Lucinda). Comezou a programación a visita dos alumnos de 6º de Primaria do colexio Ría do Burgo, quen puideron soprar nun alcoholímetro, comprobar como funciona o sistema de localización das patrullas a través do GPS ou subirse a un todoterreo e a unha patrulla móbil.
Así mesmo tamén se probaron os chalecos antibala e aprenderon comó traballan os axentes á hora de realizar un atestado.
O oficial Luís López foi o encargado de facer de guía no percorrido polas instalacións policiais. Explicou aos alumnos que Culleredo ten Policía Local desde 1981, que agora está formada por 27 axentes. En resposta aos alumnos, o oficial da policía asegurou que para ingresar no corpo «hai que estudar, e moito».
Na súa visita estiveron acompañados pola concelleira de Educación, Carmen Varela. A edila resalta a importancia de que os escolares coñezan o funcionamento dos corpos de seguridade do municipio e destacou o enorme interese demostrado polos alumnos na actividade.
Ao final da actividade fóronlles entregados uns carnés de Policia Infantil, para que cooperen como axentes colaboradores da Policia Local.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER