Baixo o título "A plataforma de afectados e afectadas polas preferentes de A Coruña e Comarca: Xuntos podemos", o Punto de información ao consumidor de Culleredo, e a devandita plataforma, informarán aos veciños e veciñas de Culleredo dos traballos da organización cidadá, da situación da reivindicación de solución para ás persoas afectadas pola mala comercialización dos denominados "produtos tóxicos" como as preferentes e participacións subordinadas, e de como colaborar e unirse ao grupo de afectados e afectadas.
Desde Culleredo, anímase aos cidadáns afectados a sumarse á plataforma. É fundamental a unión ante este grave problema, so unidos pode acadarse unha resposta positiva a miles de persoas, aforradoras que non inversoras, que non poden dispoñer dos seus cartos.
A xornada terá lugar mañá día 8 de febreiro no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), ás 19:30 horas. É gratuíta e aberta a toda a cidadanía. O acto será presentado por Raquel Jabares, primeira tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social, e contarase coa presenza de Ana María Cedeira, portavoz da plataforma, e con Agenor Gómez, avogado de xestión financeira da plataforma.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER