Culleredo acollerá este domingo, 24 de febreiro, un dos máis multitudinarios acontecementos ciclistas da comarca. A Pedalada Ártabra, organizada polo Club Ciclista Riazor coa colaboración do Concello de Culleredo, chega a súa VI edición con 250 participantes inscritos.
A Marcha encádrase dentro da categoría de Cicloturismo-BTT (Bicicletas Todo Terreo) sendo un exercicio físico con fines de ocio, turístico ou cultural, excluíndo expresamente a competición. Ao ser unha actividade de bicicletas de montaña o percorrido é maioritariamente por camiños, sendeiros e pistas sen asistencia de público usándose as estradas asfaltadas unicamente como tramos de enlace con outros camiños de terra.
Os participantes considerarán todo o percorrido aberto ó tráfico polo que teñen que cumprir en todo momento as normas de circulación. Como apoio, nos puntos máis problemáticos de cruces con estradas con tránsito, haberá auxiliares cos medios oportunos para a correcta sinalización do paso dos ciclistas.
Itinerario:
O percorrido, de 44,5 quilómetros polos montes de Culleredo e Arteixo, é duro e técnico. Establécense tres puntos de control nos quilómetros 12.3, 26.4 e 33.0 que estarán debidamente sinalizados onde se deberá pasar antes das 11:15 e 12:45 horas respectivamente, unha vez superados eses horarios será obrigatorio seguir polos camiños alternativos máis curtos que o principal ou escapadas.
A saída, desde o polideportivo de Tarrío, darase ás 9.00 horas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER