A liquidación do orzamento municipal de 2012 arroxa un resultado moi positivo para o Concello. Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros, o mellor resultado desde 2006.
Esta cifra alcánzase ao dispor duns dereitos recoñecidos netos de 25.081.837,18 euros e unhas obrigacións netas de 22.044.233,39 euros.
O remanente de tesouraría arroxa unha cifra tamén positiva, alcanzando os 2.907.995,97 euros.
O aumento dos dereitos recoñecidos netos constitúe unha das razóns para que o Concello alcanzase este superávit. Cabe resaltar, como xa viña avanzando o goberno local, que o cobro de pagos pendentes da Xunta de Galicia ou do Estado pola realización de obras e proxectos era indispensable para lle economía local.
Parte deses pagos xa se produciron, o que aumenta substancialmente os ingresos patrimoniais, pero aínda restan uns 900.000 euros do Plan Urban e uns 200.000 euros das beirarrúas de Celas, financiadas pola Xunta.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER