A Concellaría de Educación de Culleredo puxo en marcha unha nova edición da actividade de educación viaria denominada “Videoforum de seguridade viaria". O obxectivo da mesma consiste na prevención de accidentes na rúa e está dirixida ao alumnado de 4º da ESO.
Participaron na mesma 117 alumnos e alumnas dese curso do IES Blanco Amor, sito en Vilaboa. A actividade realizouse hoxe, día 6 de marzo, de 10:30 a 14:10 horas, no mesmo centro.
Foi desenvolvida pola pedagoga do Servizo municipal de educación co apoio de material didáctico editado pola Dirección Xeral de Tráfico. Con ela, o Concelle pretende colaborar cos centros educativos para concienciar ao alumnado acerca da necesidade de respectar as normas e tomar decisións responsables como peóns, conductores de bicicletas ou viaxeiros para evitar accidentes.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER