Dende o Centro de Información da Muller de Culleredo e durante os meses de novembro e decembro de 2012, leváronse a cabo, coa colaboración da Asociación Neuronit, os talleres Playroomgirl III Edición Galicia no IES Eduardo Blanco Amor. O alumnado de 3º da ESO participou en obradoiros sobre estereotipos de xénero.
Aprenderon a construir historias e guións de vida alternativos. Amosáronse obras de recoñecidas fotógrafas e ensinouselles os principios básicos da fotografía e do retoque dixital.
Agora, o seu resultado, en forma dunha serie fotográfica onde se homenaxea e se reinterpreta a autoras como Diane Arbus, Claude Cahun ou Florence Henri expoñerase no Xardín Botánico de Culleredo a partir do 22 de marzo e ata o 12 de abril, na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo”.
O venres 22, ás 19.00 horas, celebrarase a inauguración da exposición fotográfica.
Despois do seu paso por Culleredo a exposición viaxará a centros de arte de A Coruña, Barcelona, Veracruz (México) e Belgrado (Serbia).
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER