Dende a Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Culleredo, ponse en marcha unha campaña de recollida de tapóns en colaboración coa Fundación Seur, Azteco (planta de reciclaxe de Valencia) e outros concellos do Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
Vanse colocar dous puntos de recollida:
Ademáis tamén se contará coa colaboración de diferentes centros sociais do Concello nos que hai servizo de cafetería: Almeiras, Celas, Ledoño, Sueiro, O noso Lar en Tarrío, Castelo, Orro, Rutis-Vilaboa e Castro Laxe, co fin de achegar esta campaña ata a zona rural.
¿Por qué os tapóns?
Dende hai uns anos, estamos vendo como moitos cidadáns gardan os tapóns das botellas de auga, leite ou refrescos así coma dos produtos de limpeza entre outros... son os “tapóns solidarios” como xa se lles coñece, non forman parte de ningunha campaña publicitaria, en realidade son varias iniciativas que pretenden recaudar fondos para axudar a nenos e nenas afectados por enfermidades “raras” que non asume a Seguridade Social.
E ¿qué se fai con estes tapóns?
Pois unha vez recollida unha tonelada de tapóns, véndese a unha empresa recicladora (neste caso Azteco en Valencia) e esta empresa paga sobre 300€ por ela, xa que os utiliza para reciclaxe e convertilos en outros produtos moi útiles e cotidiáns coma perchas da roupa ou papeleiras.
Dicir tamén que na Fundación Seur existe un Comité de Expertos que analiza o caso concreto de cada neno/a e lles fai entrega ás familias dos cartos que precisan para o tratamento do seu fillo/a. Para mais información pódese visitar a Web da Fundación Seur: www.fundacionseur.org
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER