XIV MAÑÁS DE CAMPAMENTO: CAMPAMENTOS QUE CONCILIAN 2013
INICIO DO PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA DO 15 AO 19 DE ABRIL
O Concello de Culleredo presenta a oferta de campamentos de verán 2013 e anuncia a apertura do prazo para a solicitude de praza. As actividades que se programan ofrecen unha alternativa de lecer para os nenos e nenas nos meses de verán, á vez que proporcionan un servizo de conciliación demandado cada ano polas familias dos pequenos.
Para tentar adaptarse ás necesidades do maior conxunto poboacional, a Concellería de Educación oferta as seguintes modalidades de campamentos:
Os lugares onde terán lugar os campamentos serán os seguintes:
O horario das actividades comprenderá desde as 9:00 ata as 14:00 horas. O Concello disporá como servizo complementario e opcional o xantar, en horario de 14:00 a 15:30 horas.
Para favorecer na medida do posible a conciliación familiar e laboral, os campamentos iniciaranse o primeiro día non lectivo de vacacións estivais e prolongaranse ata o último venres de agosto.
Os programas que se realizarán conterán actividades pedagóxicas de carácter convivencial e formativo-educativo, nun marco no que predominan os valores de igualdade, corresponsabilidade, respecto pola contorna ou cooperación, e que favorezan o desenvolvemento persoal a través de talleres, saídas didácticas, xogos etc.
As solicitudes de praza, xunto coa documentación que se esixe, presentaranse no Servizo municipal de Educación (edificio do Conservatorio municipal de música) desde o día 15 ata o 19 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Os campamentos diríxense a todas aquelas familias empadroadas en Culleredo con menores matriculados en Educación Infantil e Primaria que necesiten conciliar a súa vida familiar e laboral. Terán preferencia para o acceso as fa milias empadroadas en Culleredo e aquelas que acrediten a necesidade de conciliación.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
manas_de_campamento_veran_2013.pdf | 58.87 KB | |
oferta_manas_de_campamento_2013.pdf | 333.95 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER