A Comisión Municipal de Desafiuzamentos de Culleredo prosegue co seu traballo para apoiar aos veciños que se podan ver afectados por este tipo de casuística. Desde que este órgano, composto polo Concello, técnicos municipais e representantes de plataformas cidadás, nacera suman 4 os casos xa pechados a través das xestións realizadas.
Tratouse dun caso de renegociación de débeda, dous casos de renegociación de alugueiros e un caso de comprobación do cálculo da débeda. Actualmente, a comisión ten en vías de chegar a solución a outros 7 casos: tres casos de dación en pago (un deles sobre alugueiro), unha venta de vivenda, unha renegociación da débeda, unha ampliación de hipoteca e unha eliminación da denominada cláusula suelo.
Ademais, a comisión recibiu tres casos que afectan ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, co que se establecerán os oportunos contactos. A día de hoxe son 27 os casos de familias en risco de desafiuzamento que tratou a Comisión.
A Comisión traballará tamén para o aproveitamento das numerosas casas baleiras que existen en Culleredo como vía para o alugueiro de persoas que o necesiten. A Comisión poderá tratar cos propietarios das vivendas en esta situación para acordar condicións de alugueiro. No municipio hai máis de 3.000 vivendas baleiras.
A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, amósase satisfeita polos resultados que está a acadar a Comisión co seu traballo. Grazas a el e á información que se comezou a difundir moitos veciños con dificultades teñen onde apoiarse. Ademais, indica, propiciouse unha forma para coñecer a existencia de afectados en Culleredo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER