O esforzo dos pais do colexio de Tarrío viuse recompensado co bo tempo que reinou na xornada de onte sábado 25. A Tarriomería, evento organizado pola ANPA e CEIP coa colaboración do Concello de Culleredo, reuniu a centos de pais, alumnos, ex alumnos, veciños e amigos do centro.
Desde as 10.30 e ata as 20.00 horas, as instalacións do colexio acolleron exhibicións de patinaxe, karate, aerobic, judo, ou ballet; inchables; talleres de maquillaxe, decoración, manualidades, bólas de malabares, pulseiras ou fotografía; actuacións musicais; comida de confraternización; contacontos; xogos de familia; e baile e karaoke.
A exhibición de aerobic foi un dos momentos máis esperados polos participantes, entre os que se atopaba o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, así como diversos concelleiros, como o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Riobóo, ou a de Educación, Carmen Varela.
Para comer o menú foi diverso. Callos, paella e churrasco eran os pratos que se elaboraron no propio colexio. Ás 20.00 horas sorteouse un xamón entre as persoas que recibiron ticket nas consumicións.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER