O goberno de Culleredo potencia a dinamización comercial do municipio coa instalación de sinais informativos que propicien a súa localización. As rúas da zona urbana do Burgo contan xa con novos paneis, instalados pola Concellaría de Promoción Económica, que indican a dirección a seguir para chegar aos focos de actividade comercial.
Trátase de seis novos paneis, de cor amarela, coa lenda "zona comercial". Foron instalados nas diferentes entradas ao núcleo do Burgo, como Fonteculler ou a costa da Lonxa.
O goberno local considera a sinalización adecuada un elemento "prioritario" para promocionar a actividade nas zonas comerciais cullerdenses. "É vital que vos veciños e visitantes reciban información e teñan coñecemento dos focos de negocios e de empresas cos que conta ou concello", apunta Marta Iglesias, edila de Promoción Económica.
Esta foi a primeira fase deste plan para incrementar a visibilidade das zonas comerciais, efectuada en virtude dunha subvención proporcionada pola Deputación da Coruña. A Concellaría traballa para ampliala en sucesivas fases a outros focos comerciais e empresariais.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER