Os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo recibiron unha visita moi especial: a campioa olímpica Sofía Toro. Os nenos departiron coa medallista, formulándolle todas as dúbidas e cuestións sobre o seu traballo.
No acto estivo presente a concelleira de Educación, Carmen Varela, que destacou de Toro que a pesar de converterse en alguén recoñecido, "mantén a súa proximidade".
Toro acudiu á cita, que se realizou na Biblioteca do colexio, coa súa medalla de ouro, que suscitou a curiosidade dos pequenos. Estes recibiron á campioa cunha proxección a base de debuxos que realizaron.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER