A maior demanda que número de prazas constata a urxencia dun novo colexio e instituto

Todos os nenos de Culleredo serán escolarizados no municipio. É o resultado da Mesa de Escolarización celebrada onte no colexio de Tarrío, conformada polo inspector de Educación, a concelleira de Educación, Carmen Varela, e representantes dos centros públicos, os centros privados concertados, a ANPA e os sindicatos.

No caso da Educación Infantil e Primaria, o número de solicitudes era maior que o número de prazas. A Xunta habilitará un aula a maiores para 1º no colexio Ría do Burgo (A Corveira) para atendelas.

Son en concreto o CEIP Ría do Burgo e o CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo) os que recibiron máis peticións que prazas dispuñan e que conformarán esa nova aula con 19 pequenos, quedando aínda 6 prazas máis libres. No CEIP Tarrío e no CEIP Sofía Casanova (Vilaboa) cóbrese toda a demanda.

Esta maior demanda de prazas que oferta deixa claro a necesidade dun novo CEIP. O Concello xa cedeu os terreos á Xunta para construílo en Vilaboa, nas proximidades de Acea de Ama.

No caso da Educación Secundaria, a situación antóllase máis urxente aínda. No IES Branco Amor, o número de solicitantes excede en 30 á oferta de prazas. Como solución, a Xunta utilizará unha aula reservada para reforzos para situalos.

A Mesa de Escolarización e o goberno de Culleredo trasladarán a urxencia de crear un novo IES á Consellería de Educación, que se situará en Acea de Ama, en terreos da antiga Universidade Laboral. Varela espera que a Xunta cumpra os seus prazos e que o centro poida funcionar para o inicio do curso 14-15.

A concelleira explica que se constata que "hai máis demanda que oferta de prazas tanto en Infantil e Primaria como en Secundaria, situación que vimos avanzando e que require unha actuación inmediata da Xunta". Coa necesidade de investimento demostrado, Varela demanda "celeridade" para evitar que a situación de saturación dos colexios de Culleredo se siga agravando.

Doutra banda, a edila anuncia que en setembro se escolarizarán no mesmo centro aos casos de irmáns que agora lles correspondeu dous colexios diferentes. A Mesa acordou que na convocatoria de setembro, cando o proceso finalice, garantirase que os irmáns estean xuntos, polo que Varela envía unha mensaxe de tranquilidade ás familias nesa situación.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina