O goberno de Culleredo potenciará o comercio local con melloras urbanas, campañas e eventos

O plan de dinamización comercial do goberno de Culleredo pasa pola mellora urbana dos focos de negocios e a organización de eventos que promovan as compras no municipio. A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, expuxo á Mesa de Comercio, órgano de participación dos comerciantes, as accións inmediatas que prepara o Concello.

Un dos puntos neurálxicos do comercio cullerdense atópase nas rúas peonís do Burgo: Sanjurjo de Carricarte e Hersa. A Concellaría de Promoción Económica pretende levar a cabo un proxecto de ornamentación urbana, que sirva para facer atractivas as rúas para o desenvolvemento da actividade comercial.

O goberno municipal considera que a organización de eventos e campañas pode servir como aliciente para promover as compras nos negocios locais. Por iso, o Concello quere realizar unha Noite Branca que leve a veciños de Culleredo e dos municipios dos arredores a coñecer as ofertas dos establecementos locais.

A previsión do Concello pasa por levala a cabo no próximo mes de xullo, na antesala das festas do Burgo. Desta forma aproveitarase o tirón dos festexos para potenciar tamén o comercio. "Queremos apoiar ao máximo das nosas posibilidades aos nosos comerciantes e iso pasa por poñer as condicións para atraer clientes", afirma Iglesias.

Para executar estes programas, o Concello de Culleredo espera contar co financiamento da Deputación da Coruña.

Na Mesa de Comercio tamén estaba presente Juan Carlos Lovelle, concelleiro de Dinamización Local e Turismo. O edil informou os comerciantes dos próximos eventos que se celebrarán no municipio e que servirán para traer moitos visitantes, como a actual Festa Breogán ou a vindeira Festa Mariñeira.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina