O goberno de Culleredo estuda a ampliación das prazas de estacionamento de vehículos en Vilaboa, para responder ás necesidades de veciños de zonas con dificultades para aparcar. Desta forma, o Concello completaría o seu plan de mellora nos aparcadoiros de Vilaboa, que disporá así mesmo de parking exprés para facilitar as xestións ou compras rápidas.
O Concello, a través da área de Mobilidade, ten localizados en concreto dous puntos de Vilaboa con necesidade de incrementar as prazas de estacionamento. En Fonte da Balsa, a zona máis ao sur do núcleo, o sitio para aparcar é escaso en relación co número de coches.
Os veciños solicitaron a creación de máis prazas. Para dar resposta a esta necesidade, o goberno municipal estuda recortar ampliar a calzada principal nun metros para poder xerar máis espazo de estacionamento ao efectuar unha reordenación das prazas.
O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Riobóo, explica que en paralelo a este proxecto de reorganización da rúa en Fonte da Balsa efectuaríase unha humanización da contorna.
Outro dos puntos de Vilaboa onde o Concello aposta por incrementar o aparcadoiro é en Domingo Sierra, no centro do núcleo. Alí existe unha parcela municipal que o goberno municipal pretende preparar para acoller o estacionamento de vehículos.
Por outra banda, a zona azul de aparcadoiro exprés de Vilaboa comezará a funcionar de forma inminente, unha vez que o Concello completou o pintado. Esta medida, totalmente gratuíta, foi pedida polos comerciantes dado o bo funcionamento cultivado nas creadas polo Concello no núcleo do Burgo.
Con estas medidas, apunta Riobóo, o goberno de Culleredo mellora a mobilidade para os veciños de Vilaboa e propicia o acceso aos establecementos comerciais e negocios de hostalaría locais.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER