O plan de dinamización do comercio local que leva a cabo o goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Promoción Económica, alcanza este venres, 19 de xullo, un dos seus principais eventos coa organización dunha Noite Branca no centro do Burgo. Os establecementos comerciais permanecerán abertos desde as 20.30 ás 24.00 horas no entorno da praza de Europa, rúa Sanjurjo de Carricarte, rúa Hersa, avenida de Acea de Ama e avenida de Galicia.
O Concello de Culleredo, en coordinación coa asociación de comerciantes de Culleredo, organizou un programa que pretende incentivar á chegada aos negocios de veciños do municipio e da comarca. As persoas que acudan á Noite Branca poderán atopar nos establecementos descontos, que poden ir desde un 20 ata un 70%, e ofertas especiais nos comercios, podendo obter agasallos directos pola compra e a participación nun sorteo de cheques regalo.
O Concello dinamizará ás rúas para atraer visitantes ao Burgo. As rúas contarán con iluminación festiva e animación (música, malabares, fogo,....), e na entrada das rúas peonís-comerciais haberá os chamados skytubes coma sinalización da Noite Branca. Todas as empresas participantes na iniciativa contarán cun distintivo de globos brancos e prateados, ademais duns farolillos brancos identificativos.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, explica que o Concello e a asociación configuraron un programa de actividades e de animación “amplo e adaptado a todos os públicos”, empezando antes incluso do horario especial de apertura dos negocios. “Queremos impulsar as compras no comercio local, ao que agora hai que apoiar máis que nunca, e dar a coñecer a súa calidade e traballo”, afirma.
O concelleiro de Dinamización Local, Juan Carlos Iglesias Lovelle, asegura que o goberno municipal impulsará "os máximos esforzos" para impulsar o desenvolvemento comercial a través de eventos e programas que coma este atraian a xente a Culleredo.
A programación da Noite Branca será a seguinte:
19.00 horas: CASTELO MÁXICO (NA PRAZA DE EUROPA)
Tres personaxes nunha carpa simulando un castelo farán que os nen@s visitantes se caractericen de princesas, magos, fadas..., se maquillen e gocen dunha sesión de contos en grupos de 10 nenos cada 20 minutos.
19.30 horas.: FAITE UNHA FOTO DE... (NA PRAZA DE EUROPA)
Unha personaxe caracterizada dos anos 20 dinamizará aos paseantes para que se fagan unha foto cun fondo habilitado para a ocasión..
20:00 horas.: PASARÚAS/ANIMACIÓN NOCTURNA (NA ZONA COMERCIAL)
Levarán a xente que pasea a visitar o escaparate vivente e a mercar polas ofertas comerciais. Os clientes poderán atopar representacións, espectáculos de malabaristas, mazas e lume.
SPEAKER/LOCUTOR
O locutor será o encargado de dinamizar radiofonicamente toda a rúa. Informará dos actos que se vaian realizar en cada momento, divulgará as promocións dos comercios desa noite, ou realizará pequenas entrevistas tanto aos comerciantes como aos paseantes.
20.30 horas.: MASTERCLASS (NA PRAZA DE EUROPA)
Exhibición de coreografías . Aprendizaxe de pasos e execución da coreografía aprendida .
20:30 horas.: ESCAPARATE VIVIENTE (en EME, rúa Sanjurjo de Carricarte)
3 actores/actrices van compoñendo diferentes escenas / viñetas... diante da divertida mirada dos espectadores.
20:30 horas.: CANTAUTORA CON GUITARRA ESPAÑOLA
Durante 25 minutos ofertará un repertorio de cancións coñecidas tanto clásicos coma música contemporánea.
20:30 horas: FOTOCALL
Usando un fondo chroma, un fotógrafo sitúanos como viaxeiros. A través dás novas tecnoloxías poderanse anexionar os logos dos comercios ou no seu defecto o logo da asociación do comercio de Culleredo.
21:00 horas: CABARET MUSICAL (Praza Sanjurjo de Carricarte)
Espectáculo musical onde unha cantante e dous músicos fan percorrido por grandes clásicos da música contemporánea.
22:30 horas: ACTUACION Do GRUPO MUSICAL LOS VERSIONETTES (Praza Sanjurjo de Carricarte)
24:00 horas: SORTEO DUN CHEQUE -REGALO
Ademais, desde as 20.30 ás 24.00 horas funcionará un posto de algodón de azucre, de balde, para as persoas que compren na zona comercial, ás que se lles entregará un ticket. Este posto estará situado na confluencia das rúas Sanjurjo de Carricarte e Hersa.
Tamén dende as 20.30 ás 24:00 horas na Librería Copyburgo, a pintora Lidia Carrillo realizará de balde caricaturas, debuxos a carboncillo ou a tinta aos viandantes que se pasen pola librería.
Tódolos actores e persoal dinamizador da Noite Branca irán vestidos de branco.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER