Culleredo imparte un curso a aspirantes a voluntarios de Protección Civil

O Concello de Culleredo imparte desde o sábado unha formación aos aspirantes a voluntarios de Protección Civil de diferentes agrupacións da provincia. A Axencia Galega de Seguridade elixe de novo a Culleredo como sede desta importante acción formativa, demostrando a "confianza" na labor dos efectivos municipais cullerdenses, apunta o concelleiro de Protección Civil, Alberto Veira.

Este curso básico de Protección Civil reúne a 21 aspirantes a voluntarios procedentes de diferentes municipios da comarca e a provincia, como Oleiros, Coristanco ou Oroso, ou tamén de Culleredo. A acción comezou osábado, 7 de setembro, e finalizará o sábado 14, completando así toda a formación.

O programa do curso componse das diferentes materias básicas que deben dominar os voluntarios das agrupacións, como primeiros auxilios, extinción de incendios ou prevención de riscos.

A formación terá lugar nas dependencias municipais de Protección Civil. No exterior terán lugar as prácticas de extinción de lumes.

O profesorado estará composto por persoal do servizo municipal de Protección Civil así como profesionais médicos e técnicos da Xunta de Galicia.

O goberno de Culleredo destaca a importancia deste curso para preparar aos voluntarios de cara á atención ao cidadán coas mellores capacidades.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina