O Concello de Culleredo aposta pola creación dunha programación de actividades específica para os mozos do municipio. Nace así o "Outono Xove", que oferta unhas 240 prazas nos principais centros de interese dos veciños de 14 a 35 anos de idade para os meses de outubro a decembro.
A Concellaría de Xuventude estrutura o programa en actividades para a franxa de 18 a 35 anos de idade, por unha banda, e nun espazo para os mozos de 14 a 18 anos, pola outra. Desta forma, o goberno local garante que as propostas se adaptan ao máximo ás necesidades de todos os mozos.
Para a franxa de 18 a 35 anos, o Concello lanza varias actividades e cursos de tipo creativo:
Para a franxa de 14 a 18 anos de idade, o goberno de Culleredo lanza actividades os venres, que levan como denominación "Os venres son para ti". Este espazo, que se desenvolverá no centro social de Fonteculler, contará coas seguintes variedades:
O prazo de preinscrición no "Outono Xove2 está aberto e prolongarase ata o 3 de outubro, no centro de formación Pablo Picasso do Burgo.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
outono_xove_info | 1.43 MB | |
outono_xove_folla_inscrición | 1.08 MB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER