O manexo do ABS ou como usar o volante mentres as rodas patinan foron algunhas das técnicas ensinadas no curso de condución segura que organizou para mozos o Concello de Culleredo a pasada fin de semana. Unha trintena de participantes, de 18 a 35 anos de idade, tomaron parte da acción.
Pero non se trataba só dun curso de condución segura. Consistiu nunha acción formativa para saber manexar o coche en circunstancias adversas para a condución, que foron convenientemente simuladas polos profesores.
A choiva, a patinaxe de rodas, ou o bloqueo de rodas foron algúns dos casos en que puxeron aos alumnos. Especial fincapé fíxose no uso do ABS, sistema fundamental ante moitas condicións.
O Concello de Culleredo apostou pola creación este ano dunha programación de actividades específica para os mozos do municipio. Nela enmárcase este curso de condución segura.
A Concellaría de Xuventude, que dirixe Juan Carlos Lovelle, estruturou o programa en actividades para a franxa de 18 a 35 anos de idade, por unha banda, e nun espazo para os mozos de 14 a 18 anos, polo outro. Desta forma, o goberno local garante que as propostas se adaptan ao máximo ás necesidades de todos os mozos.
Un curso de coctelería, monográficos de tempo libre, talleres, zumba ou breakdance son algunhas das modalidades do programa.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER