O Concello de Culleredo apunta á campaña de Nadal como punto forte para a dinamización local do municipio. As vendas no comercio local aumentan nesa época, e o goberno municipal prepara un conxunto de iniciativas que animen ás compras nos negocios.
Ademais das campañas e actividades que leven a cabo durante o período do Nadal, o equipo de goberno aposta por apoiar aos comerciantes con accións de formación que lles permita mellorar as súas prestacións de cara a incrementar vendas. Neste sentido, contar un negocio ben decorado pode funcionar como efecto chamada ao cliente.
Por iso, o Concello de Culleredo organiza este mes de novembro un curso de escaparatismo destinado aos comercios e perruquerías do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.
O curso celebrarase entre os días 18 e 22 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación "Pablo Picasso". O Concello abre a inscrición para a iniciativa o vindeiro luns 11. As 20 prazas outorgaranse por orde de inscrición.
O curso constará de 10 horas, das cales 4 dedicaranse a coñecementos teórico-prácticos, e os 6 restantes, á realización de prácticas entre os establecementos participantes.
As sesións desenvolveranse en horario de 20.30 a 22.30 horas. O goberno local apostou por programar a iniciativa nun horario pouco habitual, pero que responde as necesidades dos comerciantes, que é a quen vai destinada a acción.
O curso será totalmente gratuíto. Trátase da segunda acción destas características emprendida polo Concello para apoiar ao comercio local, tras o curso de empaquetado de agasallos.
O equipo de goberno anima aos comerciantes a aproveitar este tipo de iniciativas que complementarán á campaña que desenvolverá o Concello con obxecto de promover as compras nos negocios cullerdenses.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
inscricion_curso_escaparatismo.pdf | 71.7 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER