A Policía Local de Culleredo identificou na noite do venres pasado a unha persoa veciña do Burgo que depositaba o lixo na rúa Hersa. Esta problemática iniciouse hai unhas semanas cando o Concello precintaba os colectores soterrados deste punto, para evitar a entrada de camións que danaran as losetas, e no seu lugar creaba unha zona de colectores na avenida de Ribados.
Con todo, persoas descoñecidas depositaban o lixo na rúa, o que xeraba importantes molestias aos veciños da zona.
A Policía Local recorreu a unha patrulla de paisano para poder identificar aos responsables desta conduta incívica e dar resposta ás necesidades dos veciños. Agora o Concello abrirá un expediente sancionador a esta persoa.
O dispositivo policial durou tres horas. Nese tempo a Policía comprobou que a maior parte dos veciños depositan de forma correcta o lixo nos colectores da avenida de Ribados. Só esta muller, adulta, foi identificada cometendo esta conduta.
Trátase do primeiro dispositivo con Policía Local de paisano que emprega o Concello de Culleredo unha vez recibido o pertinente permiso da Subdelegación do Goberno. O goberno local aposta por este traballo para mellorar as condicións de seguridade para os veciños de Culleredo.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, apunta que outra das tarefas que terá a policía local de paisano será vixiar o cumprimento da ordenanza de tenencia de animais domésticos para asegurar que especialmente os cans levan de forma adecuada e en condicións de seguridade polas rúas do municipio.
Rioboo apunta que os colectores soterrados da rúa Hersa agora en desuso serán trasladados este mes a outro punto da zona urbana para dar servizo aos veciños.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER