Culleredo rexeita a violencia de xénero con 'tweets' e cuñas de radio feitas por alumnos do IES

O Concello de Culleredo conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto no IES Eduardo Branco Amor, onde se deu a coñecer o resultado dos concursos de 'tweets' e de cuñas de radio, formas elixidas pola Concellaría de Muller para levar a cabo este ano a sensibilización.

A resposta foi masiva entre os alumnos de 4º de ESO do IES Eduardo Blanco Amor, a quen ía dirixida a iniciativa. O Concello recibiu un total de 91 'tweets' e 41 cuñas.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acompañado pola concelleira de Muller, Penélope López, e pola de Educación, Carmen Varela, foi o encargado, xunto coa dirección e profesores do centro, de entregar un recoñecemento aos premiados. O resultado foi o seguinte:

CONCURSO DE TWEETS

Gañadora:
GEMMA CASTELO MARTELO:
Por unha violencia 0, sen xénero nin número. #culleredopolobotrato

Finalistas:
JAVIER ALDAO RIVEIRO:
A educación é a vacina contra a violencia #culleredopolobotrato

PABLO BARREIRO IGREXAS:
Se sofres violencia, denuncia. Denunciar hoxe, podar significar vivir mañá #culleredopolobotrato

CARLOS GONZÁLEZ RIVAS:
A forza non é a forma de entrar no teu corazón, se non un aviso de que non debes confiar nel #culleredopolobotrato

AIDA LÓPEZ BARBOSA:
Esixe feitos. Non che deixes enganar nin por perdóns, nin por agasallos #culleredopolobotrato

A cuña de radio gañadora foi a elaborada por Vanessa García e Clara Alvariño.

Os 'tweets' difundiranse mediante a conta de twitter do Concello (@ConcCulleredo) e as cuñas serán gravadas polos propios escolares para ser emitidas por Radio Culleredo.

Sacristán felicitou aos escolares polas súas creacións e a súa participación para contribuír a erradicar a secuela da violencia de xénero. "Espero ter que volver ou ano que vén a este instituto cunha perspectiva aínda mellor", afirmou.

A concelleira de Muller móstrase moi contenta coa elevadísima participación lograda entre os mozos do municipio mediante esta nova iniciativa. A edila apunta que os alumnos demostraron "unha gran implicación para converterse nos creadores de mensaxes sensibilizadores".

E é que López está convencida que as mensaxes concienciadores gañan forza ao ser creados polos escolares. "Agora buscamos un impacto moito maior ao distribuílos por medios que chegan a miles de persoas", afirma.

O Concello de Culleredo, ademais desta campaña, desenvolve en relación coa sensibilización sobre a violencia de xénero, talleres de prevención durante todo o curso para alumnos de 2º e 3º de ESO do IES.

Vista previaAdjuntoTamaño
pacto_local_contra_violencia_xenero.pdf55.38 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina