O Concello de Culleredo, desde a área de Cooperación e Voluntariado, lanzou unha campaña de recollida de xoguetes con obxecto de achegar as festas do Nadal a todos os nenos do municipio. E é que as familias beneficiarias serán aquelas cullerdenses que presenten necesidade, segundo os informes dos servizos sociais municipais.
Esta iniciativa solidaria estará aberta ata o venres 20 de decembro, con obxecto de que as familias dispoñan dos xoguetes tanto para o Nadal como para Reis.
O Concello dispuxo nos diferentes centros escolares de Culleredo e nos centros municipais as caixas para a recollida de xoguetes así como dos carteis publicitarios da campaña.
Os cidadáns poderán contribuír á proposta depositando nestas caixas os xoguetes, que deben estar limpos e en bo estado de conservación. Segundo se vaian enchendo, o goberno local irá gardándoos no centro municipal Pablo Picasso.
Alí levarán a cabo os labores de revisión, limpeza e empaquetado dos xoguetes, tarefa desenvolvida por persoal e polos voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado. Os agasallos clasificaranse por idades dos nenos receptores, con obxecto de entregar a cada familia os que máis se adapten aos pequenos.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, sinala que o Concello pretende con esta campaña por unha banda crear unha conciencia solidaria entre a poboación cullerdense, e pola outra, contribuír dunha maneira eficaz á igualdade de bens materiais entre os nenos e nenas do municipio. A edila sinala que se garante así que todas as familias con poucos recursos económicos poidan ser perceptoras de agasallos para o nadal.
Iglesias agradece a implicación dos voluntarios, fundamentais para esta acción. A Oficina Municipal está aberta a contar con máis persoas para esta e outros labores. Os interesados poden contactar co Concello.
O goberno de Culleredo anima á poboación a facer un esforzo e colaborar coa campaña para que todos os pequenos do municipio conten con agasallos nas próximas festas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER