O goberno de Culleredo busca apoiar ás persoas en situación de desemprego, procedentes do sector da construción, nas súas tarefas de procura de traballo. O Concello impartiu esta pasada semana unha formación específica, para estas casuísticas, en prevención de riscos laborais.
En concreto, a Concellaría de Formación e Emprego desenvolveu un curso de prevención de riscos laborais para traballos de demolición e rehabilitación e outro de prevención de riscos laborais dirixido a operarios de impermeabilización.
A concelleira de Formación e Emprego, Marta Iglesias, sinala que esta formación pretende dar resposta á demanda recibida por parte tanto de desempregados como de traballadores do sector. Os participantes dispoñen de experiencia na construción de edificacións, ou ben na realización de reformas e rehabilitacións.
Iglesias apunta que o Concello é sensible ás principais necesidades dos cidadáns en situación de desemprego e por iso trata de programar accións que se axusten a elas.
A edila explica que o Centro Municipal de Formación Pablo Picasso, situado no Burgo, ofrece servizos de orientación laboral e asistencia para os veciños en materia de emprego.
A formación deste curso, organizado pola Fundación Laboral da Construción en colaboración co Concello, é a recollida no V Convenio Xeral do Sector da Construción e por tanto foi válida a efectos de solicitude do Cartón Profesional da Construción.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER