Culleredo lanza unha campaña de dinamización comercial para as festas do Nadal

O Concello de Culleredo lanza un ambicioso programa para a dinamización comercial do municipio con motivo das festas de Nadal. O alcalde, Julio Sacristán, a concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, o concelleiro de Turismo, Juan Carlos Iglesias Lovelle, e o presidente da asociación de Comerciantes de Culleredo, José Luis Vilariño, presentaron  hoxe a programación "Vive o Nadal en Culleredo".

O obxectivo da campaña consiste en animar aos cidadáns a comprar en Culleredo. Serán actividades na súa grande maioría nas rúas, apuntou o alcalde, coa finalidade de crear un espazo agradable que incentive a empregar o comercio local nestas datas.

Ademais, o programa conta con diferentes actividades para os pequenos, o que permite aos pais dispor de un espazo para deixalos mentras fan as súas compras.

Sacristán destacou asemade que o Concello "acelerou" as obras de humanización de Hersa e Sanjurjo de Carricarte para que estiven finalizadas esta semana. Agora contan con novas xardineiras, bancos e aparcabicis.

Iglesias salientou que a Cabalgata deste ano, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro, incluirá unha gran festa final no parque Europa.

Pola súa banda, o presidente dos comerciantes agaradeceu o apoio "real" do Concello e que xa contara coa asociación xa na confección do programa.

A programación "Vive o Nadal en Culleredo" é a seguinte:

Venres 20

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas.
Adornos do nadal con goma eva e material de refugallo
No Burgo, Fonteculler (centro social) e no Pazo de Villa Melania.

 
Luns 23

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas

  • O Burgo: torneos de baile, coches futbol…wii, play station e xbox360
  • Fonteculler: obradoiro de galletas navideñas
  • Pazo de Villa Melania:  xogos do nadal

Trono de Papa Noel: recollida de cartas no Pazo de Villa Melania de 17.00 a 20.00 horas.

 
Venres 27

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas

  • O Burgo: obradoiro de galletas navideñas
  • Fonteculler: xogos do nadal
  • Pazo de Villa Melania: torneos de baile, coches futbol, wii, play station e xbox360

 
Luns 30

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas

  • O Burgo: xogos do nadal
  • Fonteculler: torneos de baile, coches futbol…wii, play station e xbox360
  • Pazo de Villa Melania:  obradoiro de galletas navideñas


 Venres 3

DISCO LITE
Idades dende 5 ata 12 anos.
Desfile de disfraces, xogos de animación ,coreografias musicais.
Entrada  de balde
Pavillón Sofia Casanova, 17.00 A 20.00 horas.

 
Chocolatada.

O día 23 de decembro no Burgo, o 27 de decembro no Pazo de Villa Melania, e o 30 de decembro en Fonteculler realizarase unha chocolatada de balde a cargo da Asociación do Comercio de Culleredo.

 
Cabalgata de Reis, o día 5 de xaneiro de 2014.

Carpa con animación infantil
Animación infantil, música xogos……
Chegada e Recepción dos reis  
Parque Europa
17.00 a 20.00 horas.


Animación nas rúas.

Durante os días 13 o 23  de decembro en horario de 18:00 a 20:00 horas un Papa Noel e dous axudantes percorrerán as rúas do Concello animando e recibindo a todos os nenos/as que queiran entregarlle a súa carta. E dende o  27 de decembro ao 3 de xaneiro 2014 en horario de 18:00 a 20:00 horas, uns paxes reais percorrerán as rúas do Concello.


Obradoiros de Nadal. Toas as actividades están dirixidas aos nenos/as dende 5 aos 12 anos.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina