O feirón abre a tempada 2014 con 140 postos de alimentación, moda o artesanía

O Concello de Culleredo abre este domingo, 12 de xaneiro, a tempada anual do feirón de Acea de Ama, cita xa tradicional na comarca que reúne por centos de persoas o segundo domingo de cada mes. O evento celébrase en horario de 10.00 a 15.00 horas na rúa Vicente Risco.

Ao redor de 140 postos conforman este feirón, que se celebra desde o ano 2005. Os asistentes poderán atopar unha ampla variedade de postos: alimentación, moda, complementos, téxtil, artesanía, bixutaría ou perfumaría.

Tamén no feirón pódense gozar dos tradicionais postos de churros e de polbo para acompañar a visita ao evento.

Para apoiar aos asistentes, o goberno de Culleredo porá en marcha un dispositivo de Policía Local e Protección Civil. A súa misión será a de atender calquera necesidade dos veciños e visitantes ao feirón.

Ademais, o Concello dispón de diferentes zonas para o aparcadoiro en Acea de Ama e así facilitar a mobilidade dos participantes.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina