O Concello recomenda tomar medidas preventivas para evitar intentos de estafa na revisión do gas

O Concello de Culleredo pide aos veciños que adopten medidas preventivas para evitar unha posible estafa na revisión do gas. Segundo tivo coñecemento o Concello, nas pasadas datas tiveron lugar intentos de estafa desta forma na zona rural do municipio.

A Policía Local de Culleredo apunta que a clave para impedir estas prácticas pasa por asegurar que as persoas que van realizar unha revisión do gas son efectivamente revisores oficiais. Por iso, recomenda aos veciños que neguen a entrada ao seu domicilio aos revisores sen que previamente mostrase a credencial oficial.

En calquera caso de dúbida, o Concello explica que é preferible convidar o revisor a que volva outro día e verificar coa empresa de gas que efectivamente enviou a un traballador ao domicilio. Concertar con anterioridade a visita é outra forma de aumentar a seguridade.

Ademais, a Policía Local sinala que é obrigación das empresas revisoras emitir unha factura dos traballos realizados, coa debida identificación fiscal.

O Concello destaca que a prevención é a mellor forma de evitar este tipo de estafas e por iso tomar todas as precaucións é fundamental. En calquera caso, suxire aos veciños que ante calquera dúbida ou sospeita póñase en contacto coa Policía Local ou a Garda Civil para que poidan adoptar as medidas oportunas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina