O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, acompañados de dous representantes da ANPA do municipio, desprazáronse onte a Santiago para celebrar unha reunión co secretario xeral de Educación sobre o futuro do prometido novo instituto de Educación Secundaria.
A Xunta alegou agora que o compromiso de licitar a obra en marzo, adquirido o pasado outubro, non se puido cumprir polas deficiencias detectadas no proxecto na fase de supervisión. Segundo a consellería, estes defectos foron achados en decembro e entón requiriuse á empresa que redactou o proxecto que o modificase, chegando a entregalo nos pasados días.
Isto supón, explicou a Xunta, que teña que levar a cabo unha nova supervisión agora. Dada a situación exposta en reiteradas ocasións polo Concello, os pais e a comunidade educativa, Educación apunta que acelerará esta supervisión para poder licitar as obras canto antes.
A Xunta expresou na reunión a súa garantía de que o novo IES poida funcionar así a inicios do curso 2015-2016, a data inaprazable considerada polo Concello e polas nais e pais dado que o IES Branco Amor non tería capacidade para o número de alumnos que se estiman pasen a Secundaria.
O alcalde lamentou non ser informado preceptivamente destes problemas no proxecto e deste atraso que agora explicou a Xunta, fronte ao declarado publicamente polos seus responsables en días pasados. Ademais, o secretario confirmou que o Concello cumprira coa dotación de servizos á parcela, como viña defendendo reiteradamente o rexedor.
Sacristán considera satisfactorio o encontro se esta garantía de licitar canto antes e de abrir a infraestrutura en 2015 s cumpre. Pero recoñece que esta nova promesa seguirá xerando inquietude en canto non se concrete con feitos rotundos. Por iso espera, dado que o secretario avanzou que o financiamento está reservada, que a licitación se poida producir antes de verán.
O alcalde de Culleredo reitera a máxima disposición do Concello en colaborar e traballar coa Xunta no que sexa necesario para que o novo IES sexa unha realidade no inicio do curso 2015. O rexedor celebra que as intencións da Xunta, segundo o manifestado onte, sexan de apurar ao máximo os prazos e espera que os problemas neste proxecto transcendente para Culleredo se terminaran.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER