Co gallo da celebración do Día Mundial da Fotografía Estenopeica (World Pinhole Photography Day), realizaranse as seguintes actividades:
SÁBADO 26 DE ABRIL
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, de 10.00 a 13.00 h:
Taller de Fotografía Estenopeica.
A finalidade deste taller é que cada asistente fabrique a cámara estenopeica que usará o día 27.
Material necesario: calquera recipiente que se poida facer estanco á luz (caixa, lata, ...) sen límite de tamaño ou forma, preferiblemente que non sexa de plástico. Se non se dispón de ningún, haberá algún a disposición dos asistentes.
É un taller familiar, polo que pode asistir cualquera neno ou adulto, pero por temas técnicos os menores de 12 anos deberán asistir acompañados dun adulto.
É necesario inscribirse. Límite de 25 prazas. Pódese facer nos seguintes contactos:
DOMINGO 27 DE ABRIL
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, de 10.00 a 14.00 h:
Xornada de portas abertas: calquera persoa interesada pode achegarse e divertirse coa fotografía estenopeica. Os asistentes ao taller do día anterior usarán as súas propias cámaras, ao resto dos asistentes prestaráselle unha cámara estenopeica a escoller.
Igual que no caso do taller, os menores de 12 anos deberán asistir acompañados dun adulto.
As fotografías tomadas o día 27 subiranse á páxina web www.pinholeday.org cos datos das persoas participantes.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER