O goberno de Culleredo buscará hoxe a unidade do pleno para reclamar a construción do IES á Xunta

O Concello de Culleredo dá un paso máis na defensa da construción dun novo instituto de educación secundaria para o municipio. O goberno local proporá ao resto de grupos da corporación un acordo institucional para reclamar á Xunta de Galicia a licitación inmediata da obra.

A moción será levada a pleno hoxe, 24 de abril, por parte do equipo de goberno. Responde a un dos acordos adoptados na reunión de principios de mes cos pais e nais do municipio, na que estiveron presentes o alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela.

O Concello pretende desta forma mostrar a unidade da corporación ante a clara necesidade da construción do IES. Na moción, o goberno municipal pide á Xunta que a licitación das obras se produza nun prazo máximo de 45 días.

Pola contra, tendo en conta os prazos do procedemento de licitación e adxudicación, o instituto non estaría construído antes de setembro de 2015.

A petición irá dirixida tanto ao presidente da Xunta como ao conselleiro de Educación, a quen o Concello pide "todos os esforzos necesarios" para cumprir ese prazo. A ambos os cargos dirixíronse tamén os pais nos escritos entregados por rexistro hai dúas semanas, a primeira das medidas que adoptaron os proxenitores.

O Concello insiste en que as previsións de cifras de alumnado de secundario para 2015-2016 fan inaprazable que o novo centro, que se situará en Acea de Ama en terreos da antiga Universidade laboral, abra co inicio dese curso.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina