O monte Xalo baterá marca de asistencia na V Travesía do Xalo, que se desenvolverá o domingo, 27 de abril, en Culleredo. Organizada pola asociación Castelo Deporte coa colaboración do Concello de Culleredo, a cita reunirá a máis de 500 participantes nas diferentes modalidades que propón.
A V Travesía do Xalo ofrece diferentes posibilidades aos participantes:
A proba comezará en Castelo, ás 9.30 horas para o maratón e ás 10.00 horas para a andaina.
Un dispositivo veciñal esperará aos participantes ao termo da proba, cunha churrascada popular á que poderá sumarse calquera persoa. Haberá sorteo de agasallos e música para amenizar a xornada.
Castelo Deporte doa o 5% do recadado nas inscricións ás entidades sociais de Culleredo.
O Concello de Culleredo destaca a gran implicación dos membros da asociación para levar a cabo eventos deste calado, cuns resultados excelentes. O goberno local agradece o enorme esforzo realizado para a organización.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER